John N. Gray
![]() (2015) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de abril de 1948 ![]() South Shields, Reino Unido ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido ![]() |
Relixión | Ateísmo ![]() |
Educación | Exeter College ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía ![]() |
Ocupación | filósofo , profesor universitario , escritor , politicólogo ![]() |
Empregador | Universidade de Essex Universidade Harvard London School of Economics ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
![]() ![]() ![]() |
John N. Gray, nado en South Shields o 17 de abril de 1948, é un escritor e filósofo británico con intereses na filosofía analítica e a historia das ideas.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Até 2008 ensinou pensamento europeo na London School of Economics and Political Science. Gray colabora regularmente en The Guardian, The Times Literary Supplement e New Statesman, onde é o crítico principal de libros. Gray declarou que se considera a si mesmo como ateo.[2] Gray escribiu varios libros moi influentes, incluíndo False Dawn: The Delusions of Global Capitalism (1998), que argumenta que a globalización do mercado libre é un proxecto inestable en proceso de desintegración; Straw Dogs: Thoughts on Humans and Other Animals (2003), onde ataca o humanismo, unha cosmovisión que Gray ve como orixinaria das relixións; e Black Mass: Apocalyptic Religion and the Death of Utopia (2007), unha crítica do pensamento utópico no mundo moderno.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Abc.net.au, ed. (28 de xuño de 2008). "John Gray at the Writers' Festival - Part 1 - The Philosopher's Zone - ABC Radio National (Australian Broadcasting Corporation)". Consultado o 9 de agosto de 2013.
- ↑ Preston, John. "John Gray interview: how an English academic become the world’s pre-eminent prophet of doom".